| Historia |
|
A Lei 2/2005 , do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, determina a creación do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal, como un ente de dereito público con personalidade xurídica de seu, aínda que sometido á dirección estratéxica da Consellaría do Medio Rural. O seu regulamento foi publicado o 18 de xaneiro de 2007 no Decreto 259/2006 , do 28 de decembro polo que se aproba o Regulamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria. |
















































Historia