Ingacal

Datos de contacto

Instituto Galego da Calidade Alimentaria - INGACAL
Pazo de Quián S/N - Sergude
CP: 15881 Boqueixón
A Coruña

Tel.: 881 997 276
Fax: 981 546 676

ingacal@xunta.es

Utilidades

  • sixpac
    SIXPAC

    Sistema de Información
    Xeográfica de Parcelas

xunta_mediorural
winetech
fogga
agader
bantegal
seaga
comarcas
xeneticafontao
A IXP 'Grelos de Galicia' poderá comezar a comercializarse este ano como selo de calidade diferenciada no mercado estatal
Venres, 15 Agosto 2008 00:00

Santiago de Compostela

A Consellaría do Medio Rural prevé aprobar este ano a protección transitoria da Indicación Xeográfica Protexida “Grelos de Galicia”, que amparará as variedades “Grelos de Santiago” e “Globo branco de Lugo”. A Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria e mais o Instituto Galego da Calidade Agroalimentaria (Ingacal) convocan dúas charlas informativas dirixidas aos produtores que estean interesados en adherirse á IXP e que se desenvolverán en Ordes e en Mondoñedo, os días 27 e 28 de agosto, respectivamente.

A Consellería do Medio Rural ten previsto aprobar este ano un regulamento de protección transitoria da Indicación Xeográfica Protexida “Grelos de Galicia”, co obxectivo de que este produto poida comercializarse con este selo de calidade diferenciada dentro mercado estatal, á espera de que a Unión Europea aprobe a súa inclusión no Rexistro Comunitario das Denominacións de Orixe e das Indicacións Xeográficas Protexidas. Precisamente, coa intención de informar e facer un chamamento a todos os produtores de grelos do País para que se adhiran a esta IXP, a Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria e mais o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) – tamén dependente do Medio Rural – convocan dúas charlas informativas nas zonas de maior concentración de produción deste produto. A primeira delas terá lugar no Centro Comarcal de Ordes, o 27 de agosto ás 17:00 horas, e a outra o xoves 28, no Centro Comarcal da Mariña Central, en Mondoñedo, á mesma hora.
Segundo se recolle no prego de prescricións técnicas aprobado pola Xunta, a Indicación Xeográfica Protexida “Grelos de Galicia” amparará as dúas variedades comerciais rexistradas desta especie: “Grelos de Santiago” e mais “Globo branco de Lugo”, que se poderán distribuír en tres presentacións comerciais: fresco, conxelado e en conserva. A zona xeográfica de produción, transformación e envasado dos grelos certificados abarcará todos os concellos de Galiza.
Responsables da Consellaría do Medio Rural amósanse convencidos de que o recoñecemento desta IXP servirá “para incrementar o valor engadido dun dos produtos de horta máis singulares e típicos do noso País, así como para mellorar as rendas obtidas pola súa venda”. Neste sentido, agardan que a creación da IXP redunde nunha maior profesionalización deste colectivo, pasando de ser unha produción de autoconsumo, dirixida a mercados de proximidade ou meramente complementaria, a unha das principais actividades económicas das explotacións galegas, fundamentalmente das áreas de produción da provincia de Lugo e das comarcas de Ordes e Santiago. O obxectivo que se marcan desde o Ingacal é a súa expansión comercial fóra de Galiza, onde este produto goza de moi boa aceptación e prestixio pero é difícil de atopar nos mercados, tanto na distribución como na restauración.


Asesoramento aos produtores
Ademais de participar nestas charlas informativas, os técnicos do Ingacal tamén estarán a disposición dos interesados nas oficinas agrarias comarcais da Consellaría do Medio Rural para asesoralos sobre o proceso de creación dos rexistros de produtores, almacenistas e transformadores que desexen formar parte da I.X.P. Na oficina de Vilalba estarán os días 4 e 5 de setembro; en Ordes os días 8, 9 e 10 de setembro; en Pontedeume o día 11; e, por último, na sede do Ingacal (situado ao lado da Oficina Agraria de Santiago de Compostela) estarán o 15 e o 16 de setembro. O horario de atención ao público será de 9:30 a 14:00 horas.