| O Ingacal organiza charlas informativas sobre a Faba de Lourenzá |
| Martes, 22 Xullo 2008 00:00 | |||
|
Santiago de Compostela Celebraranse o mércores 23 de xullo ás 12:00 no salón de actos do Concello de Lourenzá e o xoves 24 de xullo ás 12:00 no auditorio de Ribadeo. Nas Oficinas Agrarias Comarcais da zona ofreceranlle asesoramento sobre o proceso de creación dos rexistros de produtores, almacenistas e envasadores aos que desexen formar parte da Indicación Xeográfica Protexida “Faba de Lourenzá”. O Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) e a Dirección Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellaría do Medio Rural convocan a todos os interesados en formar parte da Indicación Xeográfica Protexida “Faba de Lourenzá” a asistir a dúas charlas informativas que se celebrarán o mércores 23 de xullo, ás 12:00 h no salón de actos do Concello de Lourenzá e o xoves 24 de xullo, ás 12:00 h no Auditorio municipal de Ribadeo. A Consellaría do Medio Rural ten previsto aprobar este ano un regulamento que permita a comercialización da “Faba de Lourenzá” co selo de Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P) dentro do mercado do Estado español. A Indicación Xeográfica Protexida “Faba de Lourenzá” ampara a “Faba Galaica” producida nas tres comarcas da Mariña lucense, que alcanza aos seus quince concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Posteriormente, para o asesoramento no proceso de creación dos rexistros de produtores, almacenistas e envasadores que desexen formar parte da Indicación Xeográfica Protexida “Faba de Lourenzá”, o persoal técnico do Ingacal estará a disposición dos interesados nas oficinas comarcais da Consellaría do Medio Rural nas seguintes datas:
|















































