Ingacal

Datos de contacto

Instituto Galego da Calidade Alimentaria - INGACAL
Pazo de Quián S/N - Sergude
CP: 15881 Boqueixón
A Coruña

Tel.: 881 997 276
Fax: 981 546 676

ingacal@xunta.es

Utilidades

  • sixpac
    SIXPAC

    Sistema de Información
    Xeográfica de Parcelas

xunta_mediorural
winetech
fogga
agader
bantegal
seaga
comarcas
xeneticafontao
Medio Rural prevé aprobar este ano a protección transitoria da “IXP Faba de Lourenzá” que permitirá a súa comercialización dentro do estado
Xoves, 17 Xullo 2008 00:00

Mondoñedo

Á espera de que culmine a tramitación do recoñecemento deste distintivo a nivel europeo, representantes desta Consellaría comunicáronlle hoxe a produtores e envasadores a súa intención de aprobar un regulamento que permita a comercialización deste produto coa IXP dentro do Estado español. Segundo as estimacións de Medio Rural, esta protección transitoria estará activada para a venda da colleita deste ano (a finais do verán).

A Consellaría do Medio Rural ten previsto aprobar este ano un regulamento que permita a comercialización da Faba de Lourenzá co selo de Indicación Xeográfica Protexida dentro do mercado do Estado español. Así llo comunicaron esta mañá a produtores e envasadores deste produto, o delegado provincial da Consellaría en Lugo, Emilio López Pérez; o secretario técnico do INGACAL, Alfonso Ribas Álvarez e o subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria, Ricardo Rivas Barros. Durante a reunión, celebrada no Centro Comarcal de Mondoñedo, abordouse a situación actual da tramitación deste distintivo de calidade ante instancias europeas. Segundo explicou Ricardo Rivas “toda a documentación necesaria para obter este recoñecemento xa foi enviada e agora só queda agardar a que se aprobe a inclusión deste produto no Rexistro Comunitario das Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas”.
Sen embargo, e ante a posibilidade de que esta aprobación se demore durante uns meses, a Consellaría decidiu pór en marcha unha “protección transitoria” que permita protexer e promocionar este produto no mercado estatal cun selo de calidade. Segundo as previsións deste departamento, “a faba da colleita deste ano xa poderá ser etiquetada co distintivo da IXP”, apuntou o delegado provincial, Emilio López. Durante a xuntanza tamén se informou ao sector dos pasos a seguir para obter esta IXP e para rexistrarse como produtor ou envasador autorizado do produto certificado.

Características da IXP
Tal e como se establece na documentación remitida a Bruxelas para a obtención da indicación xeográfica protexida, a área de produción, acondicionado e envasado deste singular produto abarca os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Nestes intres, e segundo datos do propio sector, o número de produtores que cultivan faba que podería adherirse a esta indicación roldaría os 500 e o seu valor de mercado situaríase arredor dos 10 euros/quilo. Así mesmo, o prego de prescripcións técnicas deste produto recolle que este só poderá ser comercializado co distintivo en fresco, nunca transformado.
Tal e como destacou o secretario técnico do Instituto Galego da Calidade Agroalimentaria (INGACAL), Alfonso Ribas Álvarez, a “faba galaica” (variedade que queda protexida no prego de condicións) presenta unhas cualidades específicas que a diferencian doutros produtos da mesma especie vexetal “debido fundamentalmente ás excelentes condicións edafolóxicas e climáticas da zona e ás técnicas tradicionais de cultivo”. “Tanto no sabor, como na textura e nas súas aptitudes gastronómicas, esta faba é recoñecida como un produto de primeira calidade e de excelencia culinaria”. “Precisamente para aproveitar todas estas potencialidades, conseguir as súa diferenciación no mercado e protexela fronte a imitacións e fraudes, a Consellaría vai axilizar o recoñecemento da IXP”, sinala. Neste sentido, Alfonso Ribas amosouse convencido de que este selo permitirá mellorar a comercialización deste produto e favorecer a súa área de produción a través dun incremento das rendas percibidas polos agricultores.